NaviLens: orientación accesible no noso colexio

NaviLens é un sistema de sinalización accesible que permite recibir información sobre os espazos mediante unha aplicación móbil. No noso colexio utilizámolo para facilitar a orientación, a autonomía e a comprensión do centro.

Unha fotografía real dunha etiqueta instalada no centro.

Que é NaviLens?

NaviLens é un sistema de códigos visuais que se len coa cámara dun teléfono móbil. As etiquetas poden detectarse sen ter que enfocalas con precisión e mesmo mentres a persoa se move. A aplicación transforma a información da etiqueta en indicacións visuais, sonoras ou hápticas.

Lista de características

Lectura a distancia.
Non require un enfoque preciso.
Pode detectarse mentres a persoa camiña.
Ofrece información contextual sobre o lugar.
Pode presentar a información no idioma do dispositivo.

Que información pode ofrecer unha etiqueta?

Cada etiqueta debe responder de maneira clara a tres preguntas fundamentais:

Onde estou?

Identifica o lugar no que se encontra a persoa: unha entrada, unha aula, un corredor, a biblioteca ou o patio.

Cara onde vou?

Indica a dirección que se debe seguir para chegar ao seguinte punto do percorrido.

Que opcións teño?

Informa dos espazos e servizos próximos e das diferentes rutas dispoñibles.

Cómo funciona?

O uso de NaviLens pode resumirse en catro pasos sinxelos:

Paso 1. Abrir a aplicación

A persoa abre NaviLens ou NaviLens GO no seu teléfono móbil.

Paso 2. Explorar o espazo

Apunta a cámara cara ao contorno. Non é necesario saber exactamente onde está colocada a etiqueta.

Paso 3. Detectar a etiqueta

A aplicación localiza o código e identifica o punto do colexio ao que corresponde.

Paso 4. Recibir a información

A persoa pode escoitar ou ler a mensaxe e seguir as indicacións para continuar o percorrido.

Un exemplo no noso colexio

Nun corredor, a etiqueta pode identificar o lugar no que está a persoa e explicar que espazos se encontran en cada dirección.

Mensaxe de exemplo
Estás no corredor principal. Á dereita están as aulas. Ao fondo está o patio. Á esquerda está a biblioteca.

Navilens

Navilens Go

Para quen?

Especialmente para persoas cegas ou con baixa visión.

Para quen?

Para a comunidade educativa, as familias e as persoas visitantes.

Que ofrece?

Información por voz, sinais sonoros, vibración e axuda para localizar as etiquetas e orientarse no espazo.

Que ofrece?

Textos, imaxes, indicacións visuais, contidos multimedia e información no idioma do dispositivo.

Qué beneficios achega?

Mellora a autonomía.
Facilita a orientación.
Reduce a dependencia doutras persoas.
Axuda a comprender mellor os espazos
Complementa a sinalización visual e os pictogramas.
Pode ser útil para alumnado, profesorado, familias e visitantes.
Permite actualizar a información sen realizar grandes obras.
Contribúe a crear un centro máis inclusivo.

Navilens é un apoio máis.

NaviLens non substitúe os pictogramas, os sinais visuais, o braille, os contrastes, os planos accesibles nin a eliminación de barreiras físicas. Forma parte dun sistema de accesibilidade máis amplo.

Preguntas frecuentes

Como utilizamos NaviLens no colexio?

Descubre onde están colocadas as etiquetas, que información ofrecen e como forman parte dos roteiros accesibles do centro.

Scroll al inicio